Budiño lanza «Branca vela» con Guadi Galego, Leilía e De Vacas

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

Budiño, no festival O Son do Camiño do ano 2022.
Budiño, no festival O Son do Camiño do ano 2022. Sandra Alonso

O gaiteiro e compositor canta por vez primeira en todos os temas do álbum

30 abr 2023 . Actualizado a las 00:39 h.

Budiño lanzou este venres ao mercado o seu novo disco, titulado Branca vela. Neste traballo conta coa participación vocal e instrumental de diversos colaboradores musicais, como Leilía, Guadi Galego, De Vacas e o coro Aires da Terra. Ademais, inclúe un tema, O tolo de abril, con letra de Manuel Rivas, e outro, Tren hotel, de Antía Otero.

Branca vela componse de dez cancións nos que por primeira vez o intérprete e compositor de Moaña combina a gaita e a súa voz en todos os temas.

O título, Branca vela, é unha referencia ao principal instrumento de Budiño, que adoita tocar unha gaita branca, e tamén ás velas das dornas e o lume dos cirios que aparecen no tema principal, gravado na capela do Hostal dos Reis Católicos con Leilía. «O disco nace da exploración de levar os instrumentos típicos da nosa música a novos espazos. A gaita segue na base, pero mesturase tamén con outros elementos», explica Budiño.